Os taekwondistas do Mace Sport conquistan catro metais no autonómico

Pontevedra
26 de xaneiro 2025

Naim Sequera, Sara Díaz e Naiara Carballal acadaron o metal de bronce, mentres que Nicolás Casas obtivo o único ouro do club pontevedrés

Nicolás Casas, no podio do Campionato Galego de taekwondo
Nicolás Casas, no podio do Campionato Galego de taekwondo / Mace Sport

O club de taekwondo Mace Sport regresou do Campionato Galego celebrado este sábado no pavillón do CEIP Forte Bragade de Oza-Cesuras cun botín de catro metais.

Entre os medallistas destacan Naim Sequera e Sara Díaz, ambos en categoría junior, quen tras un gran papel nas primeiras roldas, quedaron ás portas da final cun meritorio terceiro posto.

Pola súa banda, Naiara Carballal, en categoría cadete, conseguiu unha meritoria medalla de bronce tras un emocionante combate en primeira rolda. Desafortunadamente, caeu eliminada nun axustado encontro na loita polo pase á final.

O único ouro para o Mace Sport conseguiuno Nicolás Casas nunha nova categoría de peso onde se enfrontou a novos adversarios.

A pesar diso, o mozo pontevedrés demostrou a súa superioridade para levar os combates con claridade.

Cabe destacar o papel realizado por Casas na final, onde se enfrontou a un rival que sorprendeu aos participantes pola súa gran altura e ao que noqueou en dous asaltos.