O Club Taekwondo Taekanart celebrou este venres o Festival de Nadal no Pavillón Príncipe Felipe, onde un nutrido grupo de nenos e nenas fixeron unha pequena demostración do traballo aprendido ao longo destes meses.
No festival participou o alumnado do club, das Escolas Municipais do Concello de Pontevedra, das Depoescolas de taekwondo da Deputación de Pontevedra, e os nenos e nenas das ANPAS dos colexios que colaboran coa entidade.
Neste sentido, estiveron o ANPA O Miradoiro (CEIP Marcos da Portela), ANPA Os Campos (CIP Fina Casalderrey), ANPA O Areerio (CEIP San Benito de Lérez), ANPA San Martiño (CEIP San Martiño-Salcedo) e ANPA Santo André de Xeve (CEIP San Andrés de Xeve).
Ademais, tamén acudiron autoridades como a concelleira Anabel Gulías e o deputado Javier Tourís.