Terceiro posto para o equipo feminino do GV Sports no Campionato Galego de Dúatlon

Pontevedra
21 de abril 2015

Mariña Ramos foi ademais campioa na categoría cadete dun campionato que se celebrou en Santiago de Compostela

Equipo feminino do GV Sports (dereita) no podio do Campionato Galego de Dúatlon GV Sports

Os resultados seguen acompañando o GV Sports a pesar de ser o seu primeiro ano de competición.

O club pontevedrés logrou colocar o pasado sábado o seu equipo feminino no terceiro chanzo do podio do Campionato Galego de Dúatlon celebrado en Santiago de Compostela baixo distancia sprint (5 quilómetros a pé, 18,5 en bicicleta e de novo carreira a pé de 2,5 quilómetros). 

Conseguiuno grazas ao bo papel de Marga Villaverde, Mariña Ramos e Bea Castiñeiras nunha proba dominada polo Tríatlon Ferrol.

Ademais Mariña Ramos colgouse o ouro na categoría cadete.

Estes resultados súmanse aos obtidos no Circuíto Galego de Dúatlon, onde as rapazas lograron a segunda praza e a nivel individual Marga Villaverde foi terceira en Absoluta Feminina, Lalo Ramos terceiro en Veteranos I e Mariña Ramos primeiro en Cadete Feminina.

Entre os gañadores do campionato galego sitúanse tamén dous deportistas do Club Monte Abaixo de Poio, en categorías de veteranos. Trátase de Francisco Javier García (Veteranos I) e Andrés López (Veteranos II).

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora