Terceiro triunfo do curso para o Peixe Galego ao superar o CB Tormes nun duelo vibrante (69-71)

Marín
02 de novembro 2018

Partido moi regular dos de Javi Llorente, que estiveron máis acertados nos instantes finais para levar un valioso triunfo de Salamanca. Taiwo Badmus e Jordan Gregory, con 24 e 20 puntos, lideraron o ataque marinense

Partido entre CB Tormes e Peixe Galego
Partido entre CB Tormes e Peixe Galego

Valiosa vitoria a conseguida este venres en Salamanca polo Peixe Galego, que rompe unha serie negativa de tres xornadas perdendo e colócase cun balance 3-3.

O conxunto marinense protagonizou un encontro moi regular na cancha do CB Tormes, e terminou impoñéndose nun apertado final (69-71).

O certo é que ningún dos dous equipos logrou abrir diferenzas no marcador, cunha igualdade máxima que se mantivo durante os primeiros 10 minutos de xogo (17-17) e prolongouse ata o tempo de descanso (35-34).

Taiwo Badmus (24 puntos) e Jorgan Gregory (20) lideraron o ataque peixe, logrando que os de Javi Llorente tomasen a dianteira tras o descanso (42-47), pero resultaba imposible romper o choque e os locais agarrábanse ao duelo para chegar ao cuarto definitivo con todo por decidir (53-54).

Foron instantes de alternancia no luminoso, pero o Peixe mostrouse máis sereno nos momentos decisivos para levar o gato á auga e de paso unha boa dose de moral para seguir crecendo na competición.

Consulta aquí as estatísticas do CB Tormes-Marín Peixe Galego.