España xogou só dous partidos no Mundial, pero foi suficiente para confirmar o paso adiante dado por Teresa Abelleira, asumindo galóns a pesar da súa mocidade no combinado nacional.
Titular nos dous encontros e peza destacada do equipo, a centrocampista pontevedresa protagonizou este venres en Nova Zelandia a rolda de prensa da Selección para analizar o próximo encontro fronte a Xapón, do luns 31, e no que estará en xogo a primeira praza de grupo.
No recordo de todos, o seu gol fronte a Zambia, que abría a goleada e que xa está entre os candidatos a mellores tantos do Campionato do Mundo.
"Algunha veces vino pero tampouco tantas", recoñece Tere aínda que sen perder a perspectiva porque "de verdade eu quedo coa sensación do equipo. É verdade que foi un gol bonito pero eu quero ver todas as miñas accións e o que fallei, que tamén fallei, para logo mellorar", sinalou.
¡TEREEEEEEEE! ¡MADRE MIA! #FIFAWWC
— Teledeporte (@teledeporte) July 26, 2023
Abelleira se saca un a la escuadra y adelanta a España. ¡Qué bien pinta esta mañana de miércoles!
1- 0
9'
Puedes ver el partido en @La1_tve y aquí: https://t.co/FbNJAUgC0h pic.twitter.com/nwWRmOfIHx
No que respecta a o seu rendemento "teño boas sensacións pero quedo cos resultados do equipo e a sensación xeral", defende asegurando tamén que "afronto o que queda con moitas ganas e sabendo que aínda podemos facelo mellor".
A futbolista do Real Madrid valorou ademais a súa progresión esta última tempada, na que "madurei unha chea. Quizais no Madrid tiven menos minutos dos que esperaba e fíxome madurar moito e sobre todo ser forte mentalmente para poder chegar ao Mundial con esa madurez que me faltaba".
Xa clasificada España para os oitavos de final, falta ver en que posición tras o duelo contra Xapón, un partido que, analiza, "vai ser moi diferente aos dous que tivemos, con equipos que se metían atrás e buscábannos as costas. Contra Xapón vai ser a loita pola posesión dos dous equipos", prognostica a pontevedresa, convencida de que a selección aínda ten moito que dicir no Mundial.