Tere Abelleira, na primeira convocatoria do ano da Selección Española

Pontevedra
12 de febreiro 2025

A centrocampista pontevedresa é unha das 23 elixidas por Montse Tomé para os dous primeiros partidos da fase da clasificación da UEFA Women's Nations League ante Bélxica e Inglaterra

Tere Abelleira, no adestramento da Selección Española en Cambados
Tere Abelleira, no adestramento da Selección Española en Cambados / Mónica Patxot

A seleccionadora nacional absouta, Montse Tomé, mantén a confianza en Teresa Abelleira.

A centrocampista pontevedresa é unha das 23 elixidas por Tomé na primeira convocatoria internarcional do ano.

A adestradora confirma unha vez máis a súa confianza en Teresa a pesar de estar a vivir unha tempada con menor protagonismo no seu club, o Real Madrid.

Abelleira sumará unha nova experiencia con España nunha xanela internacional na que se xogarán os dous primeiros partidos da fase da clasificación da UEFA Women's Nations League ante Bélxica e Inglaterra.

En concreto a Selección medirase a Bélxica o vindeiro venres 21 de febreiro no Estadio Ciutat de Valencia e a Inglaterra o día 26 de febreiro no mítico estado de Wembley.

España inicia esta nova competición como vixente campioa do torneo e en busca defender o título logrado hai un ano en Sevilla.

Ademais a dobre cita servirá para preparar a gran competición internacional da tempada, a Eurocopa que se celebrará en Suíza do 2 ao 27 de xullo.

A primeira concentración internacional de España este 2025 comezará o luns 17 de febreiro, día en que as xogadoras están citadas na Ciudad del Fútbol de Las Rozas.