Teresa Abelleira e Nieves Gamallo, entre as galardoadas nos Premios do Deporte Feminino Galego 2018

Pontevedra
11 de abril 2019

A atleta Ana Peleteiro recibirá o premio a mellor deportista galega do ano que outorga Mulleres Deportistas Galegas (Mudegá) e cuxa gala se celebrará o próximo 3 de maio no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa

Teresa Abelleira coa Selección Española Sub-19
Teresa Abelleira coa Selección Española Sub-19 /

Mulleres Deportistas Galegas (Mudegá) fallou o nome das deportistas, entidades e persoas galardoadas nos VII Premios do Deporte Feminino Galego, correspondentes ao ano 2018.

O principal recoñecemento, o de mellor deportista galega, é para a atleta ribeirense Ana Peleteiro, recente campioa europea absoluta na modalidade de triplo salto e medallista o pasado ano a nivel internacional.

Pontevedra, ademais do apoio da Deputación e do feito de que a gala de premiación celebrarase o vindeiro venres 3 de maio (20:00 horas) no Auditorio Municipal de Vilagarcía, tamén contará con representación entre as premiadas.

Así a futbolista pontevedresa Teresa Abelleira, campioa continental coa Selección Española  Sub-19, será recoñecida como mellor deportista promesa xunto á súa compañeira Malena Mieres, mentres que Nieves Gamallo, unha das pioneiras do balonmán feminino en Pontevedra, Galicia e España, recibirá un merecido recoñecemento á súa traxectoria.

A lista completa de premiadas é:

  • Mellor deportista: Ana Peleteiro (atletismo).
  • Mellor deportista deportista con diversidade funcional: Susana Rodríguez Gacio (tríatlon).
  • Mellor deportista promesa: Teresa Abelleira e Malena Mieres (fútbol).
  • Mellor adestradora: Carla Abad (balonmán).
  • Mellor Equipo: Atlético Guardés (balonmán).
  • Premio á traxectoria: Nieves Gamallo (balonmán).
  • Mellor árbitra ou xuíza: Zulema González (fútbol).
  • Directiva máis comprometida: Burela FS (fútbol-sala).
  • Mellor Club: Cidade de Lugo Fluvial (tríatlon).
  • Medio de comunicación amigo do deporte feminino: Faro de Vigo e Diario de Pontevedra.
  • Institución pública amiga do deporte feminino: Deputación de Pontevedra.
  • Entidade colaboradora: Rodosa.
  • Mellor iniciativa en favor do deporte feminino: Escola de Fútbol Feminino Rosalía.
  • Mención especial: Judith Rodríguez (esgrima).
  • Mención honorífica in memoriam: Manuel González Soto e Micaela Sinde.