O Diario Oficial de Galicia publica este luns a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego que, de maneira excepcional e por mor da pandemia, abarcarán este ano os exercicios do 2019, 2020, 2021 e 2022.
Esta gala non se celebraba desde 2019 como consecuencia da pandemia da covid-19 e retomarase este ano cun evento previsto para o 20 de marzo no Auditorio Municipal de Ribeira.
Desde o goberno autonómico destacan a dificultade das propostas e decisións do xurado dos premios, que tiveron en conta a realidade do deporte galego durante este últimos catro anos. A Xunta agradece o esforzo de todo o tecido deportivo polo seu comportamento durante a pandemia e o recoñecemento pola súa rápida recuperación que contribuíu a que o deporte galego ratifique a súa posición como referente nacional e internacional.
Nesta ocasión, os premios que recoñecen aos máis destacados axentes do ámbito deportivo de Galicia, distinguen a 22 premiados nas 18 categorías.
Entre os condecorados atópanse as piragüistas pontevedresas Teresa Portela e Antía Jácome, recoñecidas co premio a mellor deportista feminina e mellor deportista revelación, respectivamente. Na categoría de mellor evento deportivo, comparten galardón os mundiais de loita sub 23 e grappling celebrados en Pontevedra no 2022, así como a primeira edición da proba ciclista Ou Gran Camiño.
Lista de premiados:
Mellor deportista feminina (ex aequo): María Teresa Portela Rivas (piragüismo) e Ana Peleteiro Brión (atletismo)
Mellor deportista feminina con discapacidade: Adiaratou Iglesias Forneiro (atletismo)
Mellor deportista masculino: Carlos Arévalo López (piragüismo)
Mellor deportista masculino con discapacidade: Martín da Puente Riobó (tenis cadeira de rodas)
Mellor equipo feminino: Club Deportivo Burela Fútbol sala (fútbol sala)
Mellor equipo masculino: Club Tríatlon Cidadw de Lugo Fluvial (tríatlon)
Mellor equipo de deportistas con discapacidade (ex aequo): Real Club Deportivo da Coruña Genuine e Club Deportivo Lugo Genuine (fútbol)
Mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Básquet Coruña (baloncesto)
Mellor adestrador ou adestradora: Miguel Martínez Méndez (baloncesto)
Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Manuel Franco Ojea (tenis)
Mellor labor informativo: Galicia en Xogo Olímpico (Radio Galega)
Mellor evento deportivo (ex aequo): Mundiais de Loita sub-23 e grappling de Pontevedra 2019 e O Gran Camiño Cycling 2022
Mellor patrocinio deportivo: Recalvi
Mellor deportista revelación: Antía Jácome Couto (piragüismo)
Premio ao xogo limpo (ex aequo): Escolas de Balonmán Xiria e Bueu Atlético Balonmán (balonmán)
Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Instituto de Investigación Biomédica da Coruña – INIBIC Sergas
Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Fundación Abrente - Enki
Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: IES Manuel García Barros