Un Teucro competitivo non é suficiente para derrotar o invicto Novás

Pontevedra
14 de febreiro 2026
Actualizado: 22:57

O equipo de Sergio Carballeira plantou cara ao Valinox Novás, líder invicto, pero non foi suficiente para lograr a vitoria no Municipal (21-23)

Partido de Primeira Nacional entre Sociedade Deportiva Teucro e Valinox Novás

Un gran papel da Sociedade Deportiva Teucro non foi suficiente para terminar co invicto do Valinox Novás. O equipo de Sergio Carballeira chegou con opcións ao tramo final e plantou cara ao rival, pero non foi suficiente para impedir unha nova vitoria do cadro de Guillermo Artime (21-23).

Rubén Domínguez fixo o primeiro gol da noite no Municipal para o Valinox Novás e Daniel Vicente, un minuto despois, estreou o marcador da Sociedade Deportiva Teucro. A igualdade mantívose ata a exclusión de Caue Herrera no minuto catro, algo que aproveitou o cadro do Rosal para ampliar a dous a distancia cun parcial de 0-2 (2-4).

Os de Sergio Carballeira espremeron unha marcha máis e superaron o primeiro cuarto de hora por diante no marcador (6-5). O Novás reaccionou cun parcial de 0-3 para porse 6-8 e provocar o primeiro tempo morto do partido solicitado polo cadro teucrista.

Pedro Mota anotou o gol que outorgou a maior vantaxe até o momento para o conxunto visitante (7-10), algo que causou a reacción do cadro pontevedrés. Os de Sergio Carballeira lograron un parcial de 2-0 nos últimos cinco minutos de primeiro tempo e tiveron ocasión de acadar o empate. Dous lanzamentos fallados nos últimos compases levaron o partido ao descanso con 9-10 no electrónico.

Partido de Primeira Nacional entre Sociedade Deportiva Teucro e Valinox NovásCristina Saiz

O arranque do segundo tempo mantivo o mesmo guión con alternancia entre ambos os equipos á hora de gobernar o partido. Os goles de Iago Rivas e Agustín puxeron por diante a un Teucro (11-10) que volvía ver como o Novás se adiantaba ata porse 12-14 con tres tantos consecutivos de Nicolás López.

Os de Sergio Carballeira non tiraron a toalla e igualaron de novo a contenda para chegar 15-15 ao último cuarto de hora, momento no que o cadro do Rosal demostrou por que é o líder do grupo. Tras a exclusión de Xurxo para os visitantes e Agustín para os locais no minuto 18, o Novás conseguiu unha renda de tres goles que foi irremontable para a Sociedade Deportiva Teucro (16-19).

Partido de Primeira Nacional entre Sociedade Deportiva Teucro e Valinox NovásCristina Saiz

Durante os dez últimos minutos se mantivo sempre unha diferenza de entre dous e tres goles no electrónico.

O técnico do cadro pontevedrés solicitou un tempo morto a falta de dous minutos que non foi suficiente para impedir a derrota teucrista por un definitivo 21-23.

Este resultado provoca a segunda derrota consecutiva do conxunto pontevedrés, que se medirá ao Balonmán Culleredo na próxima xornada.

O Valinox Novás continúa invicto e afiánzase no liderado.

Consulta todos os datos neste enlace