Teucro e Cisne buscan o seu segundo triunfo da tempada

Pontevedra
23 de setembro 2016

Os azuis visitan este sábado a cancha do BMC de Carabanchel, equipo recentemente ascendido, mentres o Cisne recibe no pavillón do CGTD (18:00 horas) ao Alarcos de Cidade Real 

Primeiro adestramento do Teucro 16/17
Primeiro adestramento do Teucro 16/17 / Cristina Saiz

Despois de quitar a presión de lograr os seus primeiros puntos da tempada, o Teucro busca agora dar continuidade ao momento coa que sería a súa primeira vitoria a domicilio.

"Parece que nos hemos destensado un poco y ahora vamos a Carabanchel con ganas de hacerlo bien", recoñece o teucrista Dani Hernández antes de visitar a cancha do BMC madrileño (sábado 18:30 horas).

A pesar da súa condición de recentemente ascendido, os azuis viaxan "avisados" do que pode ofrecer un equipo "que estoy seguro que quiere hacerse fuerte en su casa", explica Quique Domínguez en relación a un conxunto, o BMC, que vén de rabuñar un punto ante o Bordils e que "sabe a lo que juega".

O técnico pontevedrés repite convocatoria, con todo o plantel dispoñible excepto Rial, que iniciou esta semana a rehabilitación tras a súa operación.

O CISNE REBICE AO ALARCOS

Pola súa banda o Club Cisne Balonmán quere esquecer a dolorosa derrota en Córdoba, nos instantes finais, pero enfrontarase a un duro rival, o Alarcos de Cidade de Real.

O partido disputarase o sábado (18:00 horas) no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

O de Jabato queren referendar a boa imaxe que deixaron no seu primeiro partido en casa da tempada, cando venceron con comodidade ao Gijón Jovellanos.