Non puido a Sociedade Deportiva Teucro superar ao Gáldar no encontro crave polo ascenso, e tívose que conformar con empatar o gol average, que pode ser clave a final de tempada.
O equipo lerezano levou a iniciativa no marcador desde o inicio do enfrontamento, apoiado nas paradas de Miguel Jiménez, que mostrou un gran nivel no arranque para que o seu equipo abrise a primeira brecha (2-5).
Ante esa situación, o Gáldar optou por buscar facer dano con ataques rápidos cos que pillar desprevindo á defensa teucrista que, unido ás imprecisións en ataque do Teucro, conseguiu reducir a diferenza.
Pero mellorou aínda máis o conxunto canario por mor da exclusión de Caue Herrera aos 10 minutos de xogo. Ademais, os azuis, completamente atascados na súa ofensiva, cederon a iniciativa a un rival que non só empatou, senón que volteó o resultado para porse por diante por primeira vez no enfrontamento (11-8).
Parou entón o cronómetro Irene Vilaboa e os seus pupilos volveron engancharse á pelexa grazas aos tantos de Gonçalo Areias e Sergio Wagner (11-10).
Foi un espellismo. E é que as paradas de Saúl, sumadas á fortaleza defensiva do Gáldar, impidieron que o Teucro aguantase o pulso aos locais, que puxeron a máxima diferenza no luminoso ao termo do primeiro tempo (16-12).
Xa na segunda metade, os locais voaron no marcador. A seguridade en portaría de Saúl e a potencia ofensiva de Freyddy, puxeron o 22-16, mentres os de Lérez, sustentandos por Miguel Jiménez, procuraban non perderlle a cara a un enfrontamento que se puña cada vez máis costa arriba.
Roi González viu vermella aos no minuto 13 e o Teucro perdeu completamente a súa dinámica e o ritmo, perdeu fol e os erros transformáronse nun +7 a favor do Gáldar cando restaban 8 minutos para a conclusión do enfrontamento.
Irene Vilaboa pediu tempo morto, pero as opcións de remontada desapareceron completamente, entrando en xogo o gol average que podía ser clave no final de tempada. Sabía o Teucro da importancia do último ataque (29-23) e Andrés Pérez non fallou para pór o 29-24 definitivo que non serve para puntuar, pero si para empatar o gol average.