Xa é oficial. O Tenis de Mesa Monte Porreiro competirá a próxima tempada na Superdivisión Feminina tras o histórico ascenso conseguido.
Tras uns días de reflexión e contactos con administracións, o club pontevedrés confirmou este mércores que asumirá o reto de competir na máxima categoría pese ao esforzo económico que suporá.
De feito os motivos económicos motivaron recentemente a renuncia da súa praza na Superdivisión Masculina tras oito anos na elite.
Esta confirmación produciuse aproveitando unha recepción oficial no Concello de Pontevedra.
"Confirmamos que imos saír en Superdivisión porque volo merecedes", afirmou o director técnico do Monte Porreiro, Nando Álvarez, dirixíndose ás súas xogadoras.
O responsable da entidade deportiva estaba acompañado da alcaldesa en funcións, Eva Vilaverde, a concelleira de Deportes, Anabel Gulías, e o edil responsable do barrio de Monte Porreiro, Alberto Oubiña.
"Sodes un equipo con orgullo de barrio, un equipo que creceu apuntalando ben os cimentos, e sodes un clube que aposta polo deporte feminino e iso é importantísimo", destacou na súa intervención a responsable municipal de Deportes.
A intención do Tenis de Mesa Monte Porreiro é dar continuidade ao bloque que logrou o ascenso, un plantel de xogadoras forxadas na súa canteira repleto de talento e mocidade.

Recepción ao TM Monte Porreiro no Concello polo seu ascenso a Superdivisión Feminina