Todo ao granate, non vai máis!

Pontevedra
12 de maio 2018

O Pontevedra xógase este domingo (18:00 horas, Cerro del Espino) a permanencia na Segunda División B visitando ao Atlético de Madrid B, coas ausencias de Kevin Presa por sanción e de Darío Flores e Prosi por lesión. Os granates dependen de si mesmos

Adestramento do Pontevedra na Xunqueira
Adestramento do Pontevedra na Xunqueira / Mónica Patxot

É a hora da verdade, coma se dunha partida de ruleta tratásese xa non vai máis, e o Pontevedra aposta todo ao granate co obxectivo de salvar a categoría.

A última parada para os pontevedreses, sen pensar na posibilidade dun play- out, será a deste domingo (18:00 horas) no Cerro del Espino de Majadahonda ante o filial do Atlético de Madrid.

Un triunfo salva matematicamente aos granates, mentres que un empate descarta o descenso directo pero non así a promoción, mentres que unha derrota deixa todo a expensas do que fagan os rivais.

Sábeo ben un plantel se que se preparou a conciencia para a cita e que aposta por "jugar con pasión, sabiendo lo que te estás jugando, pero obviamente con cabeza". Así o verbaliza Álex González, que tras dous partidos fóra do equipo por sanción apunta ao once titular na cita decisiva.

Tamén regresará ao equipo Nacho López, mentres que Luismi deberá afrontar as ausencias de Kevin Presa por sanción e Prosi por lesión. Tampouco está nas mellores condicións Darío Flores, que a pesar de todo entrou na convocatoria do mesmo xeito que o xuvenil Jesús Barbeito.

"Sabemos que va a ser un partido complicado y que vamos a susfrir mucho en algunos momentos", recoñece o técnico, optimista con todo coas posibilidades dos seus ante un equipo, que como bo filial, non está exento de calidade. 

O adestrador de Pontevedra agarda un Atlético  B "dinámico y muy correoso", aínda que asegura que "no nos centramos mucho en ellos y sí en hacer nosotros las cosas bien".

Por parte do cadro madrileño será baixa por sanción o centrocampista Roberto Olabe, pero non verá mermamdo o seu potencial pola chamada do primeiro equipo, que non incluíu ningún canteirán na súa convocatoria a pesar da proximidade da final da Europa League.

O colexiado do encontro será o malagueño Abraham Domínguez Cervantes.