Todo listo no Teucro para debutar ante "uno de los grandes favoritos al ascenso"

Pontevedra
09 de setembro 2016

Os azuis estréanse este sábado a domicilio ante o Zamora, que "el año pasado estuvo a 10 minutos de subir a Asobal", lembra Quique Domínguez. O equipo pontevedrés afronta a cita coa única ausencia de José Manuel Rial por lesión

Javi Santana e Óscar Silva na rolda de prensa convocada en Bonpollo-Avigal
Javi Santana e Óscar Silva na rolda de prensa convocada en Bonpollo-Avigal / Cristina Saiz

Cambiaron moitas cousas nos últimos meses no Teucro, que conta con ata oito caras novas esta tempada para buscar o seu retorno á máxima categoría.

O camiño dos azuis iníciase este sábado (18:00 horas) a domicilio na cancha de "uno de los grandes favoritos al ascenso", o MMT Seguros Zamora, tal e como recoñece Quique Domínguez.

O técnico pontevedrés móstrase a pesar de todo confiado e satisfeito co traballo da pretempada, que espera lles permita vencer nun partido que prevé "complicado, duro y difícil".

"El año pasado estuvo a 10 minutos de subir a Asobal", sinala Domínguez en relación ao Zamora, que mantén gran parte do bloque das últimas campañas e "ha incorporado jugadores de calidad y experiencia".

Da mesma opinión mostráronse na súa presentación os xogadores Óscar Silva e Javi Santana, celebrada nas instacións de Avigal, contentos coas sensacións que transmite o equipo pero consentes de que "una cosa es la pretemporada donde se prueban muchas cosas y otra la liga", explicou o gardameta.

O Teucro afronta a primeira xornada de liga coa única baixa de José Manuel Rial por lesión. O resto de xogadores do primeiro plantel están incluídos nunha convocatoria que completa Sergio Altirriba, xogador do filial.

O choque, que se disputará no Pabellón Municipal Ángel Nieto de Zamora, será arbitrado polo estremeño Vinagre Vázquez e o andaluz García Sánchez.