Toni Otero, confirmado como novo director deportivo do Pontevedra

Pontevedra
04 de xuño 2021

O Pontevedra Club de Fútbol desvelou ao fin unha das principais incógnitas que o rodeaban, a do encargado de confeccionar o seu novo proxecto deportivo. O elixido é Toni Otero, ex-futbolista do club que traballou entre outros na dirección deportiva de Lugo e Las Palmas na Segunda División

Toni Otero, na súa etapa como secretario técnico da UD Las Palmas
Toni Otero, na súa etapa como secretario técnico da UD Las Palmas

O Pontevedra Club de Fútbol desvelou ao fin una das principais incógnitas que o rodeaban nas últimas semanas, especialmente tras a conclusión da liga, a do encargado de confeccionar o seu novo proxecto deportivo.

O elixido foi finalmente Toni Otero, ex-futbolista do club durante cinco tempadas (97/98 a 01/02).

Desde a súa retirada dos terreos de xogo Otero traballou como responsable de canteira do Celta de Vigo e nas direccións deportivas de Lugo e Las Palmas, na Segunda División, a última delas ata hai só un ano. Ademais traballou para a secretaría técnica do Fútbol Club Barcelona.

Agora nas súas mans estará substituír a Roberto Feáns como responsable na planificación deportiva do Pontevedra co obxectivo de devolvelo canto antes, como mínimo, á terceira categoría do fútbol nacional. Para iso terá moito traballo por diante, empezando por confirmar quen será o adestrador a próxima tempada e seguindo por un plantel na que só cinco xogadores contan con contrato en vigor.

No que respecta ao técnico, a contratación de Toni Otero achega ao banco de Pasarón a David Sierra, home da súa confianza co que xa traballou no Celta de Vigo antes de que o preparador asumise o banco de Ribadumia na Terceira División.

Toni Otero será presentado oficialmente o vindeiro luns 7 de xuño no Estadio Municipal de Pasarón.