Tres atletas da Gimnástica logran medalla no Nacional Universitario

Pontevedra
01 de maio 2015

Alberto Salcedo conseguiu dúas preseas, por unha de Alberto Guerrero na competición celebrada en Cartagena

Alberto Salcedo coa medalla de ouro lograda no Campionato de España Universitario
Alberto Salcedo coa medalla de ouro lograda no Campionato de España Universitario

Cartagena acolleu estes días o Campionato de España Universitario, coa mente posta na próxima Universiada.

Alí estaban varios atletas da Sociedad Gimnástica, que conseguiron tres medallas realizando un notable papel.

O máis destacado foi Alberto Salcedo, defendendo a camiseta da Universidad de Sevilla. O actual campión de España de 200 metros en pista cuberta foi ouro nos 200 metros lisos e bronce nos 100 metros.

Pola súa banda Alberto Guerrero logrou a terceira medalla cun bronce nos 800 metros coas cores da Universidad Pablo Olavide.

Os outros atletas do club pontevedrés na cita foron Manuel Castellanos, que foi oitavo en xavelina, e Gonzalo Sánchez-Camacho, noveno nos 100 metros.