Tres atletas da Gimnástica, no Campionato de España de Fondo en Pista

Pontevedra
08 de abril 2016

A competición celebrarase na localidade portuguesa de Maia baixo a denominación de Trofeo Ibérico

Joselyn Brea, atleta da Gimnástica
Joselyn Brea, atleta da Gimnástica / Sociedad Gimnástica

A Sociedad Gimnástica empeza a afrontar as grandes competicións da tempada ao aire libre, como na que esta fin de semana competirán tres dos seus atletas.

Estarán presentes no Trofeo Ibérico, na localidade portuguesa de Maia, nunha cita que ademais supón o Campionato de España de Fondo en Pista.

Joselyn Brea será a mellor opción do club pontevedrés a estar nos postos de honra, pero non poderá optar ao podio ao tratarse dunha atleta de nacionalidade venezolana.

Tamén estarán en Maia Fernando Rial nos 5.000 metros en idade xuvenil e Iván Docampo nos 5.000 metros absolutos, unha distancia que non se inclúe no Nacional.

Completa a representación do club pontevedrés en Portugal o seu vicepresidente, Juan Romero, como delegado da Real Federación Española de Atletismo.