O Club Baloncesto Arxil quere dar un salto de calidade esta tempada, na que volve competir na Liga Feminina 2.
Polo momento, as verdes iniciaron o curso cunha derrota e unha vitoria, pero confían en ir progresando co paso das semanas a medida en que se vaian integrando máis no equipo as novas incorporacións.
Precisamente as tres fichaxes para esta campaña, Linnea Rosendal, Heather Forster e Natalia López, foron protagonistas este mércores nun acto de presentación ante os medios de comunicación.
Este acto tivo lugar no Restaurante La Espuela, novo colaborador arxilista que axudará ao club ofrecendo comidas ás súas xogadoras.
O Arxil quixo agradecer o apoio mostrado pola dona do establecemento, Miriam Baeza, e do seu pai, todo un ex-xogador da Liga ACB masculina como Valentín Baeza.