Trinta anos de carreira popular en Pintos

Pontevedra
19 de agosto 2015

A parroquia pontevedresa de Marcón acollerá este sábado 22 de agosto a XXX Carreira Popular de Pintos, proba que se caracteriza polo ambiente festivo e que por segundo ano colaborará con RedeAxuda

Carreira popular de Pintos
Carreira popular de Pintos

O próximo sábado 22 de agosto a parroquia pontevedresa de Marcón volverá vivir ou ambiente festivo da Carreira Popular de Pintos, que cumpre trinta anos de vida.

Dividida en oito categorías, diferenciadas por sexo e idade, calquera pode participar nunha proba que se celebrará a partir das 17:30 horas.

Antes, dende ás 16:00 horas, poderanse formalizar ás inscricións para unha carreira que por segundo ano terá carácter solidario ao colaborar con Rede Axuda. Por ese motivo habilitarase un posto para a recollida de alimentos que serán doados aos servizos sociais do Concello.

Ademais, despois da parte deportiva a organización preparou un fin de festa a partir das 22:30 horas non que actuarán varios grupos de gaitas e pandeiretas e celebrarase unha foliada aberta á participación popular.

A organización da Carreira Popular de Pintos asegura que contarán para a ocasión con "con carpa, bebidas a prezos populares, pinchos e varios sorteos" de produtos doados polos patrocinadores do evento.