O Arxil volveu competir cara a cara contra La Cordá de Paterna, pero do mesmo xeito que no partido de ida, a sorte non estivo do seu lado e terminou caendo por tan só dous puntos (60-62).
O encontro, marcado pola igualdade e a tensión até o último segundo, deixou un sabor amargo no equipo pontevedrés, que tivo a vitoria nas súas mans.
As de Marita Janeiro foron claras dominadores do enfrontamento desde o bucinazo inicial grazas á gran actuación de Nerea Liste, que anotou 13 puntos e liderou o seu equipo (21-13).
Con todo, o equipo visitante reaccionou no segundo cuarto e, da man de Virginia Sáez, logrou dar a volta o marcador cando restaban pouco máis de dous minutos para o intermedio (25-29). Raquel Laneiro e Marta Fernández devolveron a vantaxe ao Arxil, pero Tortola anotou un triplo sobre a bucina para deixar o marcador en 33-32 ao descanso.

Despois do paso polos vestiarios o ritmo anotador diminuíu nas xogadoras locais, mentres La Cordá puña unha vantaxe de cinco puntos no marcador a falta de 10 minutos por disputarse (43-48).
Coas espadas no alto arrincou o último e definitivo cuarto no que os dous equipos foron de cabeza a polo triunfo. As visitantes chegaron a ter unha vantaxe de sete puntos a falta de tres minutos, pero o Arxil reaccionou e logrou porse por diante (60-59) a falta de 22 segundos.
Con todo, Broncano anotou un triplo decisivo para as valencianas, deixando o marcador final nun 60-62.
Consulta as estatísticas neste enlace

Partido entre Arxil e La Cordá de Paterna no CGTD