Triste empate final entre Xuventú Sanxenxo e Arosa (1-1)

O Salnés
17 de maio 2015

Un descendido e o outro perdido en metade da táboa, moi lonxe do seu obxectivo inicial. Xuventú Sanxenxo e Arosa disputaron un partido triste en Baltar de Arriba que rematou cunha repartición de puntos que de pouco serve a ambos os dous

Partido entre Arosa e Xuventú Sanxenxo na Lomba
Partido entre Arosa e Xuventú Sanxenxo na Lomba /

Un descendido e o outro perdido en metade da táboa, moi lonxe do seu obxectivo inicial. Xuventú Sanxenxo e Arosa disputaron un partido triste en Baltar de Arriba que rematou cunha repartición de puntos que de pouco serve a ambos os dous.

Os amarelos din adios á terceira división despois dunha tempada con dúas caras e unha segunda volta desastrosa que lle custou a categoría, mentres os de Piscis pagaron unha vez máis o esforzo nas últimas xornadas, nas que o equipo baixou considerablemente o seu rendemento.

Os dous goles chegaron no primeiro cuarto de hora. Cuchi adiantaba aos locais, pero tres minutos máis tarde o Arosa empataba por medio de Pablo Vázquez. Logo pouco fútbol e menos ocasións.

XUVENTÚ SANXENXO (1): Vila; Diego Peña, Guille, Emilio, Mateo, Pablo Lede, Jonathan (Caneda, min. 73), Hugo (Tinaia, min. 29), Cuchi, Muradás (Diego González, min. 65) e Ramón.

AROSA SC (1): Jorge Pérez; Santi Padín, Juanjo, Martín, Alfonso, Pablo Vázquez (Alberto Carballa, min. 75), Grego, Yago Pérez, Nando (Javi Pazos, min. 46), Adrián Camiño e Eloy (Juanito, min. 69).

Árbitro: David Iglesias Melón (Vigo), auxiliado nas bandas por Cristian Vázquez Martínez e Jorge Juan Fojo Rodríguez. Amoestou a Tinaia, polos locais, e a Martín, Santi Padín, Yago Pérez e Eloy, polo Arosa.

Goles: (1-0) Minuto 11: Cuchi. (1-1) Minuto 14: Pablo Vázquez

Incidencias: Campo Municipal de Baltar de Arriba (Sanxenxo). Uns 200 espectadores.