Triunfo en Irún do TM Monte Porreiro para pechar a tempada

Pontevedra
06 de maio 2024

O conxunto pontevedrés despediu a liga cun cuarto posto moi valorado ante a dureza da competición, que finalizou co descenso dun histórico como Les Borges Vall 

Última xornada de liga entre TM Monte Porreiro e Irún Leka Enea
Última xornada de liga entre TM Monte Porreiro e Irún Leka Enea / Tenis de Mesa Monte Porreiro

Punto e final á tempada do Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión masculina, cun cuarto posto final que sabe a gloria polas dificultades superadas este curso unido á dureza da competición.

Este último punto demóstrao o descenso final dun dos equipos máis fortes dos últimos anos, Les Borges Vall. 

No que respecta a a última xornada de liga, o equipo pontevedrés despediuse con gran sabor de boca grazas ao triunfo conseguido en casa do Irún Leka Enea (1-4).

A vitoria cimentouse nas vitorias iniciais de Miguel Ángel Vílchez e Martín Betancor sobre Jon Guerricabeitia e Daniel Palacios respectivamente, ás que deu continuidade Lucho Alto en cinco mangas fronte ao búlgaro Petyo Ivelinov Krastev. O Irún recortou distancias pero Vílchez conseguiu rematar co cuarto e definitivo punto.

Foi en palabras do entrandor do equipo, Nando Álvarez, a liga "máis complicada dos últimos anos", polo que "non podemos pedir máis".

O técnico agradeceu aos seus xogadores "o seu compromiso, esforzo, xerarquía e sobre todo, polo seu sentido de pertenza" para poder completar unha positiva tempada na elite do tenis de mesa nacional.