Última gran competición da tempada atlética para a Gimnástica

Pontevedra
21 de xullo 2016

Máis dunha decena de atletas do club pontevedrés estarán presentes no Campionato de España Absoluto que se celbra en Xixón

Joselyn Brea, atleta da Gimnástica Sociedad Gimnástica

Máis dunha decena de atletas da Gimnástica afrontan esta fin de semana a última gran competición da tempada, o Campionato de España Absoluto que terá lugar en Xixón.

A ausencia de Alberto Salcedo deixa ao club pontevedrés sen unha das súas principais bazas de medalla, pero aínda así aspira a pisar podio nalgunha das probas do campionato.

Compoñen o equipo da Gimnástica en Asturias: Darío Costas en 100 metros; Gonzalo Sánchez-Camacho en 200 metros e 100 metros; Eduardo Gallardo en 400 metros; Iván Blanco en 800 metros; David Martínez en 1.500 metros; Joselyn Brea en 5.000 metros; Nacho Sarmiento en 400 metros valas; Álex Flórez nos 10.000 metros marcha; Lysvanys Pérez en salto de altura; Manuel Castellanos en lanzamento de xavelina e Víctor Gallego en lanzamento de disco; ademais da remuda masculina de 4x400.

O Campionato de España Absoluto arrincará á primeira hora do sábado e prolongarase ata última hora da tarde do domingo.