Último tren cara ao play-off para o Cisne

Pontevedra
07 de abril 2017

Os pontevedreses reciben este sábado (17:30 horas) no pavillón de Centro Galego de Tecnificación Deportiva ao equipo que ocupa a última praza que dá acceso á fase de ascenso, o Torrelavega. Un triunfo permitiría aos de Jabato empatar a puntos cos cántabros

Andrés Sánchez no partido entre Cisne e Alarcos
Andrés Sánchez no partido entre Cisne e Alarcos / Diego Torrado

As opcións do Club Cisne por facer historia e xogar o play-off de ascenso á Liga Asobal pasan polo Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Os pontevedreses reciben este sábado en casa (17:30 horas) ao rival que ocupa a última praza que dá dereito a xogar a fase de ascenso, o Torrelavega.

Un triunfo permitiría aos Jabato empatar a puntos co cántabros pero unha derrota deixaríalles xa case sen opcións reais. 

Outra cousa será recuperar o average, misión case imposible tendo en conta a ampla derrota da primeira volta en Torrelavega (33-23), pero todo é posible para un equipo que cando xoga na súa cancha e ante os seus móstrase como un dos máis difíciles de bater da competición.

Os colexiados do encontro serán os madrileños Bernardino Fernández García e Raúl Rodríguez Díaz.