Un convenio de 6.000 euros para seguir a fomentar o fútbol base e integrador en Barro

Umia
07 de abril 2022

Concello e directiva asinaron este mércores a renovación dun acordo co que o club se compromete a integrar na súa estrutura a todos os menores que desexen practicar fútbol ou fútbol sala no municipio

Sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Barro e o Barro CF
Sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Barro e o Barro CF /

O alcalde de Barro, Xose Manuel Fernández Abraldes, recibiu na tarde do martes a José Sanmartín e Eva paredes, presidente e tesoureira do Barro CF, para asinar a renovación do convenio anual de colaboración entre ambas entidades.

Con este convenio, o Concello aportaralle ao equipo de fútbol do municipio a cantidade de 6.000 euros para contribuír ao seu funcionamento e desenvolvemento, mentres que a entidade deportiva comprométese pola súa parte a promover a participación de todas as nenas e nenos de Barro que queiran practicar tanto o fútbol 11 como o fútbol sala.

O rexedor agradeceulle ao Barro CF o seu bo traballo a prol da dinamización e da formación deportiva que realizan no concello, así como que lle deran unha boa acollida a un rapaz refuxiado da guerra en Ucraína tal e como
lles pediu cando se enterou de que se instaría en Barro
coa súa familia e que unha das súas afeccións era xogar ao fútbol.

Desde a Directiva do Barro CF amosaron a súa gratitude ao concello de Barro pola súa total colaboración e disposición en todos os ámbitos, sobre todo por mellorar as instalacións deportivas coa adquisición dun marcador deportivo, de porterías de adestramento e outros materiais.