Un desastroso parcial condena o Arxil ante o Rioja (93-67)

Pontevedra
16 de decembro 2018

Cunha soa vitoria esta tempada, as pontevedresas encaran o derradeiro partido antes do parón navideño coa esperanza de mellorar os seus resultados

Chantelle Pressley, no partido entre Arxil e Ardoi no CGTD
Chantelle Pressley, no partido entre Arxil e Ardoi no CGTD / Diego Torrado

Tócalle ao Arxil volver de Guipúscoa con mal sabor de boca tras o partido ante o Rioxa no que non soubo sobrepoñerse e superar ás locais, que, pola súa banda, gozan dunha boa posición na táboa con 7 vitorias esta tempada (terceiras con 19 puntos despois do encontro deste sábado). As de Mayte Méndez, con todo, continúan, a falta dun partido para as vacacións, cunha soa vitoria esta tempada.

A pesar de que as pontevedresas finalizaron o primeiro parcial por detrás no marcador, non todo parecía estar perdido, xa que souberon manter o tipo ante as vascas (19-13). Con todo, os seguintes 10 minutos foron determinantes. Un resultado abafador no segundo cuarto (22-8), fixo inclinar a balanza cara o lado das locais, (41-21 no total). Desta forma, o partido foise ao descanso cunha vantaxe de 20 puntos para as do Rioxa.

Tras o paso polos vestiarios, as arxilistas volveron á pista máis centradas. Aínda que os resultados dos dous últimos parciais foron moito mais parellos, a diferenza arrastrada ata o momento supuxo unha losa demasiado pesada.

Durante o terceiro cuarto, estas recortaron distancias, pero non foi suficiente, xa que as locais acabaron gañando cunha diferenza de 25 puntos (68-43). Aínda así, as de Méndez non viñeron abaixo e a pesar dunha contundente derrota final (93-67), seguiron pelexando durante os últimos 10 minutos do partido. 

Finalmente e a pesar dos intentos visitantes, as cartas estaban botadas e as 'verdes' terían que regresar a Pontevedra cunha derrota máis ás costas, pero coas esperanzas postas en reivindicarse no último partido antes do parón do Nadal e, sobre todo, nos que faltan por disputarse o próximo ano.

Consulta a acta do Rioja-Arxil.