Un gol de ouro de Cerqueiras tumba o Atios e dá osíxeno ao Ribadumia (1-0)

O Salnés
18 de febreiro 2021

O conxunto aurinegro aguantou a súa vantaxe a pesar de xogar preto dunha hora en inferioridade numérica e pon fin á súa mala serie

Partido entre Ribadumia e Atios
Partido entre Ribadumia e Atios

Balón de osíxeno para o Club Deportivo Ribadumia, ao conseguir vencer este mércores ao Atios (1-0) na Senra nun dos partidos aprazados no seu día polo gromo de covid detectado no equipo.

Os de Luís Carro botaron o resto para quedar os tres puntos, despois de poñerse por diante aos 3 minutos de xogo cun gol de Cerqueiras e aguantar despois o resultado cando a corrente empuxaba en contra.

As cousas empezáronse a torcer no minuto 39 de xogo, coa expulsión de Javi Domingo por cortar unha clara acción de perigo do Atios evitando un man a man con Roberto Pazos.

Pese ao contratempo e o tempo que restaba o Ribadumia púxose o mono de traballo para defender a súa vantaxe na segunda metade, conseguindo conter o seu rival logrando unha vitoria sanadora que pon fin á súa mala serie (cinco derrotas seguidas) e engánchalle de novo á loita pola permanencia.

Todo un impulso moral para un equipo que se coloca con 18 puntos e que a próxima fin de semana afrontará un duelo clave para o seu futuro no campo do Estradense.

Consulta a acta do CD Ribadumia-Atios.