Un gol na recta final premia o mellor xogo do ÿrdenes (1-0) ante o Xuventú Sanxenxo

Sanxenxo
03 de novembro 2014

Un gol do xuvenil Rubén Soñora, na recta final do partido, deu a vitoria a un ÿrdenes que dominou e se fixo acredor aos tres puntos, fronte a un Xuventú Sanxenxo que segue perdendo gas a medida que avanzan as xornadas, tras o seu fulgurante arranque ligueiro

Partido entre Pontevedra e Xuventú Sanxenxo en Pasarón
Partido entre Pontevedra e Xuventú Sanxenxo en Pasarón / Diego Torrado

Un gol do xuvenil Rubén Soñora, na recta final do partido, deu a vitoria a un ÿrdenes que dominou e se fixo acredor aos tres puntos, fronte a un Xuventú Sanxenxo que segue perdendo gas a medida que avanzan as xornadas, tras o seu fulgurante arranque ligueiro.

Nacho, en colaboración co meta visitante Álex Vila, adiantaba aos de Nacho Pacios nos primeiros minutos, pero Cuchi empataba ao transformar un penalti no segundo tempo. O conxunto local levou o peso do partido, dispoñendo de varias ocasións, especialmente nas botas de Álex Blanco, que non acertou, ata que Rubén Soñora conseguiu o tanto que daba unha xusta vitoria ao equipo local.

SD ÿRDENES (2): Mario; Rendo, Rubén Caamaño, Jesús Torres, Cabrejo; Ángel, Souto; Julián (Álex Blanco, min.76), Abelenda (Rubén Soñora, min. 69), Juampa; e Nacho (Chiño, min. 57).

XUVENTÿ SANXENXO (0): Álex Vila; Diego Peña, Guille (Rubén, min.75), Deivi, Suso Martínez; Alfonso, Héctor; Cuchi (Nel, min. 78), Jonathan, Hugo; e Ramón.

Árbitro: Gonzalo Goyanes López (Santiago), auxiliado nas bandas por Carlos Fernández Lodeiro e Jesús Calvelo Iglesias. Amoestou a Mario, Jesús Torres, Souto e Rubén Soñora, polo Ordes; e a Suso Martínez e Ramón, polo cadro visitante.

Goles: (1-0) Minuto 17: Nacho. (1-1) Minuto 68: Cuchi, de penalti. (2-1) Minuto 83: Rubén Soñora.

Incidencias: Campo Municipal de Vista Alegre (Ordes). Uns 150 espectadores.