Un mes para sentenciar o campionato

Pontevedra
25 de febreiro 2015

O Pontevedra afronta durante o mes de marzo cinco encontros de liga ante os cinco últimos clasificados que poderían deixarlle a un paso de asegurarse a primeira praza. Marzo arranca para os granates o próximo domingo 1 na Coruña (16:00 horas) ante o Silva

Adestramento do Pontevedra na Xunqueira
Adestramento do Pontevedra na Xunqueira / Mónica Patxot

Marzo antóllase como un mes clave para o Pontevedra Club de Fútbol no seu obxectivo de finalizar en primeira posición o campionato regular do Terceira División.

Consolidados no liderado os granates afrontarán durante o terceiro mes do ano cinco compromisos ligueiros ante os cinco últimos clasificados do grupo I, uns partidos que en caso de superalos positivamente poderían deixar ao equipo adestrado por Luisito a un paso de asegurarse o campionato.

O mes arrancará este domingo, día 1, na Coruña (16:00 horas) ante o Silva, décimosexto clasificado, para recibir unha semana despois en Pasarón ao Cultural Areas (19º), desprazarse a Boiro (18º), xogar na casa ante o Laracha (17º) e rematar no campo do pechacancelas Bertamiráns.

Un calendiario similar afrontará o seu principal rival nestes momentos, o Cerceda, ao xogar contra os rivais do Pontevedra cunha semana de antelación, pero o resto dos seus perseguidores si deberán encarar choques de maior complicación.

Así durante este mes disputaranse partidos como, por exemplo, ÿrdenes-Arosa, Ribadumia-Deportivo B, Choco-Arosa ou Ribadumia-ÿrdenes, entre outros.

Luisito confía ademais en que esta fase de competición sirva para deixar atrás os problemas físicos que arrastraron varios integrantes do plantel pontevedrés para chegar á fase decisiva da tempada con todos os seus futbolistas en perfectas condicións.

Os que continúan cos seus respectivos procesos de recuperación son Pedro García e Capi, baixas seguras na Coruña, mentres Campillo mellorou pero o seu regreso aos terreos de xogo esta fin de semana non é seguro.

Pola súa banda o Silva afrontará o choque ante o Pontevedra con dous xogadores sancionados, Miguel Leal e César Freire.