Un partido que vale dobre para o Peixe Galego

Marín
11 de febreiro 2016

Un triunfo o vindeiro sábado na Raña (19:30 horas) ante o Lucentum, terceiro clasificado, deixaría aos de Marín a un paso de asegurarse o factor cancha no paly-off e en clara vantaxe na loita pola única praza de ascenso directo á LEB Ouro

Rogers, durante un partido entre Peixe Galego e Zornotza
Rogers, durante un partido entre Peixe Galego e Zornotza / Diego Torrado

Quedan nove xornadas para o final da liga regular na LEB Prata e no Peixe Galego, desde a prudencia, empezan a pensar na posibilidade de pelexar polo ascenso directo, algo impensable ao comezo da tempada.

O triunfo na Copa LEB Prata outorga aos de Marín vantaxe de cancha en todas as eliminatorias de play-off sempre que terminen entre os cinco primeiros clasificados. Por iso, o partido do sábado (19:30 horas) na Raña ante o Lucentum, terceiro da táboa, pode supoñer un salto de xigante no primeiro obxectivo 'peixe'.

De gañar, os de Javi Llorente abrirían unha brecha de tres triunfos co sexto clasificado.

Ademais, o cadro 'peixe' parte con vantaxe na loita pola única praza de ascenso directo a LEB Ouro, ao contar cun triunfo sobre o segundo, El Bulevar de Ávila, equipo ao que lle ten gañado o basket average, e dous sobre o resto de perseguidores e aspirantes ao título.

No aspecto puramente deportivo, Javi Llorente conta coa dúbida de Alejandro Navajas para o choque do sábado ante o seu ex-equipo, debido a problemas musculares.