Un tempo para cada equipo e xusta repartición de puntos entre Ribadumia e Villalonga (1-1)

O Salnés
28 de outubro 2017

Partido de máis a menos na Senra cun tempo para cada equipo e xusta repartición de puntos entre Ribadumia e Villalonga que non deixa plenamente satisfeitos a ningún dos contendentes

Aarón Paredes no partido entre Ribadumia e Villalonga na Senra
Aarón Paredes no partido entre Ribadumia e Villalonga na Senra / Diego Torrado

Partido de máis a menos na Senra cun tempo para cada equipo e xusta repartición de puntos entre Ribadumia e Villalonga que non deixa plenamente satisfeitos a ningún dos contendentes.

Os locais dominaron nun primeiro tempo que foi o máis interesante. Hugo Soto adiantaba pronto ao Ribadumia, aos 11 minutos, aproveitando unha xogada iniciada por Josiño.

Con todo, pese ao dominio do partido e do balón, os aurinegros non conseguieron transformar en gol as ocasións que tiveron, especialmente nas botas de Cerqueiras e Ramón.

Na segunda parte baixou o ritmo e a intensidade do partido e diso aproveitouse o Villalonga, que aos poucos foi impoñéndose, conseguindo igualar o marcador aos 52 minutos, nun pase de Melchor para Rocha, que se vai de dous contrarios e bate a Iván Parada desde moi preto.

O dominio visitante continuou nunha segunda metade na que o Ribadumia apenas apareceu, e mesmo Aarón puido facer o segundo, rematando desviado, aínda que a mellor ocasión foi para Padín, que non puido superar ao meta local Iván Parada, que salvou un punto para os seus, facendo subir a sete os partidos consecutivos nos que o Ribadumia consegue puntuar.

Consulta o acta do partido Ribadumia-Villalonga nesta ligazón.