Un torneo de fútbol benxamín homenaxea a figura de Carlos Ménéndez

Pontevedra
25 de setembro 2023

No torneo organizado polo Salgueiriños CF na honra do seu histórico presidente, celebrado durante o sábado 23 de setembro, participaron máis dun cento de xóvenes futbolistas

I torneo Carlos Menéndez de fútbol benxamín
I torneo Carlos Menéndez de fútbol benxamín

O Salguieriños Club de Fútbol vén de celebrar o I Torneo Carlos Menéndez en categoría benxamín.

A cita, na honra ao histórico dirixente do club de fútbol base pontevedrés, participaron 11 equipos con máis dun cento de xóvenes xogadores.

Todos eles gozaron dunha agradable xornada deportiva no campo de fútbol de Campañó, con presenza do propio Salgueiriños, Pontevedra CF, Barro, A Seca, Mos, Marcón, Indepo, Vila de Marín, A.J. Lérez, Escola de Fútbol Denis Suárez e Portero 2000.

Foi este último, o Portero 2000, o que alzou o trofeo de campión, co Mos en segundo posto e Marcón e Salgueiriños terceiro e cuarto respectivamente.