O Club Baloncesto Arxil estará representado no particular 'partido das estrelas' da Primeira Nacional, que terá lugar o vindeiro sábado 26 de decembro na localidade valisoletana de Pedrajas de San Esteban.
Alí estará a base arxilista Aldara Vázquez, que compaxina aparicións co segundo equipo do Arxil na terceira categoría co primeiro na Liga Feminina 2.
Vázquez foi elixida polo corpo técnico do combinado que reunirá xogadoras de Galicia, Asturias e Cantabria, dirixido por Juan Antonio Vázquez (Carmelitas), e que se enfrontará a unha selección de Castela e León.
Xunto a ela xogarán dous integrantes Peleteiro santiagués, Carmelitas, Torrelavega, Igualitario de Cantabria, Gijón e Universidad de Oviedo.
DESCANSO ATA O 28 DE DECEMBRO
O plantel de Liga Feminina 2 do Arxil atópase estes días de vacacións, desde o inicio da semana, un descanso que se prolongará ata o vindeiro luns 28 de decembro.
Nesa data as de Mayte Méndez volverán á carga para preparar un mes de xaneiro no que confían en darlle a volta á súa complicada situación clasificatoria, e que comezará xa o domingo día 3 coa complicada saída á pista do Baxi Ferrol.