Unha derrota dobremente dura para o Arosa ante o Céltiga (1-2)

O Salnés
03 de febreiro 2019

Pola súa banda, o Ribadumia, na parte baixa da táboa, logra empatar contra o Barco que goza dunha mellor situación na categoría

Partido entre o Arosa e o Céltiga na Lomba
Partido entre o Arosa e o Céltiga na Lomba / Diego Torrado

A Lomba acolleu, este domingo, o choque entre o Arosa, un dos equipos da parte alta da táboa, e o Céltiga, que continúa, desde o comezo da tempada, ancorado aos postos de descenso. Con todo, os de casa encaixaron unha derrota dobremente dura ante os de Javi Rey.

Ademais de sumar a súa segunda derrota consecutiva, os anfitrións non foron quen de superar a unha das agrupacións do maís baixo da clasificación.

A igualdade foi a tónica do primeiro tempo e de boa parte da segunda, na que ningún dos dous equipos logrou anotar gol algún. Non foi ata o últimos sete minutos do partido que comezou a parte interesante. Cun gol de Pillado no 83', o Céltiga poñíase por diante.

Ante a vantaxe visitante, os anfitrións reaccionaron e, por medio de Suso Martínez, empararon o choque. Con todo, para desgraza local no último minuto, un penalti de, de novo, Pillado daba o triunfo e os tres puntos aos seus rivais.

Consulta a acta do Arosa-Céltiga.

O Ribadumia, que se atopa ancorado á parte baixa da táboa, aínda que fóra da zona de perigo, empatou esta fin de semana ante o Barco en Calabagueiros. 

A igualdade reinou entre os dous equipos desde o comezo. Despois dunha primeira parte sen goles, na que ningún dos dous arriscou de cara a portería, un segundo período igual de equilibrado supuxo que o choque finalizase a ceros.

Desta forma, os do Salnés continúan na décima sétima posición ata que a próxima semana enfróntense ao CD Boiro en casa.

Consulta a acta do CD Barco-CD Ribadumia.