Unha entrada gratis para cada socio para encher Pasarón na primeira final pola permanencia

Pontevedra
21 de febreiro 2023

O Pontevedra baixa os prezos das entradas e regala pases aos seus socios para o partido deste domingo, ás 12 horas, contra o Ceuta

Partido de Copa do Rei entre Pontevedra e Mallorca en Pasarón
Partido de Copa do Rei entre Pontevedra e Mallorca en Pasarón / Mónica Patxot

O Pontevedra afronta este domingo a primeira dunha serie de tres finais que marcarán as opcións de permanencia do club granate en Primeira Federación. Para conseguir o obxectivo, o apoio do público será fundamental, por iso desde a directiva lanzaron xa unha oferta para que Pasarón luza contra o Ceuta ás 12 horas do dominga como nas súas mellores citas.

Cada socio poderá retirar unha entrada gratuíta de categoría sénior para a súa mesma bancada. Este pase debe ser retirado nas oficinas do club antes do venres ás 19 horas ou a través da páxina web oficial da entidade ata o día antes do partido. Nos despachos de billetes do estadio o día do partido non se poderán retirar invitacións, só comprar entradas. 

Ademais, os menores de seis anos poderán entrar de forma gratuíta en calquera bancada. E os menores de 16 poderán acceder tamén libremente á bancada de Preferencia se portan unha peza de vestir granate. Con todo, será necesario que os menores de 16 anos retiren a súa entrada gratuíta para poder entrar no estadio. 

Do mesmo xeito, o club decidiu tamén reducir o prezo das entradas para todos aqueles afeccionados que queden sen invitación. Para o público sénior o acceso ás bancadas de Preferencia, Fondo Norte ou Fondo Sur será de 20 euros, mentres que para Tribuna, será de 20 euros. Para os menores de 16, o prezo será de 5 euros para os fondos e tribuna, en Preferencia poderán entrar gratis se visten de granate.