A localidade catalá de Mataró será escenario este sábado do Campionato de España de Natación de Longa Distancia, no que estará ben representado o Club Natación Galaico.
Dous deportistas do club pontevedrés acudirán con aspiracións á cita, ademais do seu adestrador e director deportivo da entidade Diego Pérez. Trátase de Cristian Fernández e Paula Goyanes, que nadarán a proba dos 5.000 metros.
Non será en todo caso a única competición dunha fin de semana que vén cargada de actividades para o Galaico, organizador de dúas probas de base no Complexo Deportivo Rías do Sur.
A piscina olímpica de Pontemuiños será escenrio durante a tarde do sábado (15:45 horas) da terceira xornada da Liga Promesas, á queasistirán 120 nadadores de clubs como o CN Vilagarcía, CN Sanxenxo, CN Ponteareas, CN Boiro, CN Baixo Miño e o propio Galaico.
Á conclusión da competición dos máis pequenos celebrarase tamén unha nova xornada da Liga Alevín, na que os participantes buscarán as marcas mínimas para participar a principios de marzo na Copa Galega da categoría.