Unha fin de semana redonda para o Natación Galaico

Pontevedra
23 de xullo 2018

O club pontevedrés confirmou o seu dominio a nivel autonómico impoñéndose no Campionato Galego celebrado en Pontemuiños, e ademais a súa nadadora Alicia Bouzas conseguiu unha medalla de bronce no Nacional alevín

O Galaico proclamouse campión galego de verán en Pontemuiños
O Galaico proclamouse campión galego de verán en Pontemuiños / Club Natación Galaico

Non puido resultar máis positiva a fin de semana para o Club Natación Galaico, que confirmou unha vez máis o seu dominio a nivel autonómico.

O club pontevedrés proclamouse vencedor do Campionato Galego Absoluto de verán disputado na piscina olímpica de  Pontemuiños. 

Despois de catro días de competición, o Galaico acumulou 986 puntos, superando con autoridade a CN Liceo (729,5 puntos) e a Pabellón Ourense (662 puntos), segundo e terceiro respectivamente. Ademais os locais conseguiron o segundo posto na categoría junior (490 puntos), só superado polo RCN Vigo (552 puntos).

Pola súa banda na categoría infantil o primeiro posto foi para o CN Liceo (743 puntos).

Pero máis aló da festa da natación autonómica no complexo de Rías  do Sur, con máis de 400 deportistas participantes, o Club Natación Galaico redondeou a fin de semana cunha medalla nacional.

Foi o bronce conseguido por Alicia Bouzas no Campionato de España Alevín celebrado en Sabadell, ao ser terceira no 400 libre cunha marca de 4:39.19.