Unha xornada especial para o boxeo marinense

Marín
11 de setembro 2018

O Team Thunder prepara un sábado de gran actividade coa organización dunha xornada do Circuíto Galego de Formas e a visita da púxil profesional Miriam Gutiérrez, que ofrecerá unha clase maxistral na Cañota

Miriam Gutiérrez tras un combate
Miriam Gutiérrez tras un combate

O vindeiro sábado 15 de setembro será un día especial para os afeccionados e practicantes do boxeo en Marín.

O pavillón da Cañota acollerá en horario matinal, unha xornada do Circuíto Galego de Formas para os púxiles máis novos, e nela estará como convidada un dos máximos referentes a nivel nacional, Miriam Gutiérrez.

A boxeadora, cinco veces campioa nacional amateur e actualmente no posto 7 das listas mundiais da WBA a nivel profesional, é todo un exemplo de superación persoal e compartirá experiencias e consellos cos participantes.

Despois, pola tarde e de novo na Cañota, Miriam Rodríguez protagonizará unha clase maxistral cun adestramento técnico e táctico desde as 16:30 horas. O prezo para poder participar é de 15 euros.

O Team Thunder, organizador da xornada xunto á Federación Galega de Boxeo, pretende reunir en Marín máis dun cento de deportistas entre ambas as dúas citas.