Desde India até Pontevedra e Marín e viceversa.
A prestixiosa Universidade de Woxsen, en India, puxo a súa atención no deporte pontevedrés subscribindo convenios de colaboración con diferentes entidades.
Unha delas é a Federación Galega de Bádminton, que asinou a vinculación coa universidade india desde o Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Con este acordo cunha universidade considerada pioneira na integración do deporte e a investigación tecnolóxica, poderanse outorgar bolsas académicas e deportivas completas para deportistas galegos de interese federativo nun país como India que é unha potencia no bádminton mundial.
Tamén se poderán en marcha programas conxuntos de formación e adestramento, ademais de producirse un intercambio de coñecementos e metodoloxías.
Unha colaboración á que tamén se sumou un club de baloncesto como o Marín PeixeGalego.

No seu caso rubricando o acordo no Concello de Marín con presenza non só do seu directivo Luís Santiago senón da alcaldesa do municipio, María Ramallo.
Á firma acudiu Anik Nandi en representación da Worxen University, presidente á súa vez do Centro de Estudos Galegos para Asia.