Viaxe a Madrid para un Poio Pescamar á alza

Poio
20 de outubro 2017

O equipo vermello visita este sábado (18:00 horas) a pista do recentemente ascendido Soto del Real coa intención de manter a súa progresión na clasificación. Jessi Lores regresa tras a súa grave lesión a unha convocatoria da que cae Ale de Paz

Adestramento do Poio Pescamar 2017-2018
Adestramento do Poio Pescamar 2017-2018 / Cristina Saiz

O Poio Pescamar viaxa esta fin de semana á comunidade madrileña coa intención de manter a súa progresión na clasificación de Primeira División e consolidarse na parte alta.

O equipo vermella visita o sábado (18:00 horas) a cancha do recentemente ascendido Soto del Real, un vello coñecido co que se atopou nos últimos anos tanto na máxima categoría como na Segunda División.

A boa noticia no Poio chega coa volta a unha convocatoria de Jessi Lores, que recibiu a alta médica unha vez recuperada da súa grave lesión de xeonllo.

Pola contra non entrou na lista Ale de Paz, debido a unha escordadura que se produciu no adestramento do mércores.

Desta forma a expedición vermella compóñena: Silvia, Mónica, Carol, Yoli, Jenny Lores, Patri Corral, Iria Saeta, Vane Bugallo, Ceci e Jessi Lores.