Vicente Pérez e Joselyn Brea, os máis rápidos da travesía a nado de Raxó

Poio
04 de agosto 2019

O triple campión do mundo paralímpico, Dani Molina, rematou en terceira posición

Travesía a nado de Raxó
Travesía a nado de Raxó / Diego Torrado

As praias de Raxó foron escenario este domingo da cuarta edición da travesía a nado do Concello de Poio. Entre os máis de cen inscritos, Vicente Pérez e Joselyn Brea foron os máis rápidos e proclamáronse campións en categoría absoluta.

Os participantes tiveron que nadar durante dous quilómetros. Tomaron a saída no areal de Xiorto e puxeron rumbo ao de Sinás, onde rodearon unha boia para poñer rumbo á praia de Raxó, na que estaba situada a meta.

O primeiro en cruzar a liña de meta foi Pérez, que detivo o crono en 26 minutos e 20 segundos. Moi preto, a só tres segundos, quedou Pedro Pablo Bernárdez e un minuto máis tarde chegou o triplo campión do mundo paralímpico Dani Molina. No cadro feminino, Brea fixo unha marca de 27 minutos e 55 segundos, seguírona Tania Alcalde (28 m 48 s) e Antía Ortego (29 m e 26 s).