O Poio Pescamar presentou este martes a súa nova campaña de abonados para a tempada 24/25, na que soña con lograr o que sería o primeiro título de carácter nacional da súa historia.
#ApetecenTítulos é o lema dunha campaña encabezada nun divertido vídeo pola súa capitá e xogadora con máis tempadas no equipo, Irene García.
O club conserveiro mantén o prezo dos carnés para a 'Marea Vermella', cun abono estándar fixado en 25 euros, o abono familiar por 50 euros (válido para tres persoas) e o abono empresa a 100 euros (outórganse cinco carnés).
Os afeccionados do Poio Pescamar poden solicitar o seu carnet a través do correo electrónico [email protected] ou por Whatsapp (676 52 22 43).