Nun vídeo que estreou en primicia RTVE, a selección española de natación artística desvelou como será o exercicio acrobático que levarán á piscina, por primeira vez, na Copa do Mundo que se celebrará en Pontevedra.
Será entre os días 29 e 31 de maio e as entradas para asistir ao debut do equipo español, nas complexo Rías do Sur, esgotáronse en apenas minutos.
Berghain, un dos temas máis aclamados do último disco de Rosalía, é o que marca o ritmo nesta espectacular e sorprendente coreografía do conxunto de Andrea Fuentes.
O videoclip foi gravado no CAR de Sant Cugat (Barcelona), onde adestran habitualmente e onde levan meses preparando a conciencia esta rutina.
Esta Copa do Mundo de Pontevedra será o banco de probas dun exercicio co que España quere chegar a Los Ángeles 2028.
🖤 𝐁𝐄𝐑𝐆𝐇𝐀𝐈𝐍 - Equipo de natación artística español & Rosalía
— RFEN (@RFEN_Oficial) May 18, 2026
✨ La maravillosa rutina acrobática que verá la luz en la World Cup de Pontevedra
📹 Una producción de @rfen_oficial y @SuportFilms pic.twitter.com/G4FOUZKeTk
Sobre o papel, as principais rivais das españolas volverán ser China e Rusia, despois de que esta última sexa plenamente reintegrada pola federación internacional de deportes acuáticos tras a súa exclusión pola invasión de Ucraína.
Aproveitando o lanzamento deste vídeo, a Real Federación Española de Natación anunciou a convocatoria de Andrea Fuentes para esta Copa do Mundo de Pontevedra.
O equipo español estará formado por Naia Álvarez, Cristina Arámbula, Rocío Calle, Txell Ferré, Marina G. Polo, Jordi Cáceres, Dennis González ou Eneko Sánchez.
A eles sumaranse Mireia Hernández Luna, Aurora Lázaro, Lilou Lluis, Carla Lorenzo, Paula Marcípar, Alisa Ozhogina, Paula Ramírez, Sara Saldaña, a pontevedresa Daniela Suárez e a gran referencia da disciplina en España, Iris Tió.