VIDEO.- O Pontevedra publica un video promocional da nova tempada

Pontevedra
02 de setembro 2014

O vídeo, con guión de Carolina Abal e edición de Astrid Abal, xa foi exhibido na presentación do primeiro plantel celebrada na Praza da Ferrería

Captura de pantalla do vídeo promocional do Pontevedra CF para a tempada 14/15
Captura de pantalla do vídeo promocional do Pontevedra CF para a tempada 14/15 / Pontevedra CF SAD

O Pontevedra Club de Fútbol recorre unha vez máis ao audiovisual para promover unha nova tempada.

Baixo o lema 'Unidos por un novo futuro' o vídeo, no que colaboran futbolistas do primeiro plantel e integrantes das categorías inferiores, trata de animar os afeccionados para que acudan ao Estadio Municipal de Pasarón.

Trátase dun traballo elaborado baixo o guión Carolina Abal e edición de Astrid Abal.

O vídeo foi estreado o pasado venres na presentación do primeiro equipo celebrado na Praza da Ferrería e agora foi compartido polo club a través da súa canle oficial de Youtube.