Rubén Blanco, Jonny (RC Celta de Vigo) e Denís Suárez (FC Barcelona), os tres xogadores galegos convocados polo seleccionador nacional Albert Celades para o importante partido internacional Sub-21 entre España e Estonia que se disputará o vindeiro luns 10 de outubro ás 18.45 horas en Pasarón, protagonizan un vídeo promocional para reclamar a presenza e o apoio da afección.
A venda de entradas segue activa durante a fin de semana nas oficinas da Delegación de Pontevedra da Federación Galega de Fútbol, situadas no propio estadio pontevedrés, en horario de 10:00 a 20:00 horas o sábado e de 10:00 a 22:00 horas. O domingo permanecerá aberto ademais o despacho de billetes de Pasarón de 18:00 a 22:00 horas.
O prezo das entradas é de 10 euros nos fondos, 15 en Preferencia e 20 euros na bancada de Tribuna.