Vilaxoán acollerá o 6 de xullo a II Travesía a Nado #PoloDanoCerebral

O Salnés
29 de xuño 2024

O prazo para anotarse está aberto ata este domingo ás 23:59 horas a través da páxina web de CCNorte e se pode nadar coa mesma cota de inscrición 900 ou 1.800 metros    

Presentación da II Travesía a Nado #PoloDanoCerebral
Presentación da II Travesía a Nado #PoloDanoCerebral / Dano Cerebral Galicia

Vilaxóan acollerá por segundo ano consecutivo a II Travesía a Nado #PoloDanoCerebral, que se celebrará o 6 de xullo.

Segundo indicou Juan Ramón Martínez, presidente de Arousaman – Arousawoman, hai case 70 nadadores e nadadoras inscritas, dentro das que se contan as 15 con dano cerebral.

O prazo para anotarse está aberto ata este domingo ás 23:59 horas a través da páxina web de CCNorte e se pode nadar coa mesma cota de inscrición 900 ou 1.800 metros.

Os nadadores e nadadoras con dano cerebral adquirido que participan na Travesía participaron este sábado nun adestramento en condicións reais na Praia do Preguntoiro. As 15 persoas que estarán na Travesía levan tamén desde setembro adestrando na compañía dos membros de Arousaman – Arousawoman grazas a un proxecto de natación adaptada impulsado por Dano Cerebral Galicia.