A falta dunha xornada para que finalice a liga regular, a permanencia en Terceira Federación está a lume vivo.
Aínda que a Gran Peña coa súa vitoria por 3-1 ante o Villalonga certifica virtualmente a súa permanencia, aos de Alberto Mariano complícanselle un pouco máis as cousas e dependerán de terceiros para salvar a categoría.
Nestes momentos o Villalonga é penúltimo con 33 puntos e deberá gañar na última xornada ao Estradene, segundo clasificado, ademais de depender do que fagan Valladares e Barbadás, que contan cun punto máis, e do que faga o Atlético Arteixo, que suma 35.
En canto á partida fronte á Gran Peña, comezou cun gol en propia porta de Nico Fraga no minuto 15 co que se adiantaron os locais e que sentou como xerro de auga fría aos celestes.
Reaccionaron na segunda metade, cando estaba a piques de cumprirse a hora de xogo, cun tanto de Iker Villanueva, pero a alegría duroulles moi pouco.
Dez minutos despois Edu González fixo o 2-1 e Fran Makiese sentenciou no 76 establecendo o 3-1 definitivo.
Consulta a acta neste enlace