Primeiro test superado para a Sociedad Deportiva Teucro en Primeira Nacional, que derrotou con solvencia ao Culleredo, debutante na categoría.
O cadro local mantívose no partido ata o minuto vinte pero, a partir de aí, o dominio foi total para os de Irene Vilaboa, que xogaron cómodos para facerse cos primeiros dous puntos.
Parecía un duelo fácil para os de Pontevedra, pero tiveron que sufrir, polo menos durante os primeiros minutos, para tomar as rendas do encontro.
O Culleredo pelexou e tentou facer dano como puido ao Teucro, que aos poucos foi metendo unha marcha máis para ampliar a renda no luminoso e facerse cunha vantaxe de seis goles ao descanso (13-19).
Despois do paso polos vestiarios, os pontevedreses seguiron ao seu con Xurxo Rivas (11) e Daniel Vicente (10) transformando cada chegada a área rival en gol e freando as chegadas do equipo coruñés, que tirou a toalla (24-37).