Vitoria con remontada en Rubí (3-4) e récord de puntos para o Poio Pescamar

Pontevedra
04 de xuño 2016

Vitoria a domicilio do Poio Pecamar que pecha a tempada en novena posición, tras superar pola mínima a un Rubí ao que lle custou meterse de cheo no partido despois dunha gran campaña. As mozas de Jorge Basanta conseguen con estes tres puntos bater o récord de puntuación na máxima categoría, precisamente no mesmo escenario onde lograron o ascenso

Partido entre Poio e Rubí na Seca
Partido entre Poio e Rubí na Seca / Diego Torrado

Vitoria a domicilio do Poio Pecamar que pecha a tempada en novena posición, tras superar pola mínima a un Rubí ao que lle custou meterse de cheo no partido despois dunha gran campaña. As mozas de Jorge Basanta conseguen con estes tres puntos bater o récord de puntuación na máxima categoría, precisamente no mesmo escenario onde lograron o ascenso.

Aos catro minutos Yoli de disparo cruzado que golpeaba no pau e terminaba dentro ás pontevedresas adiantarse no marcador. As visitantes dominaban a un Rubí ao que lle custaba meterse no partido, e que encaixaba o segundo nunha contra de Jenny, que finaliza cun disparo raso ao segundo pau.

Reaccionaron as catalás, e dous minutos máis tarde Alicia, a pase de Ayala, recortaba distancias, empatando Beth, de penalti, no último minuto do primeiro tempo.

Na segunda parte, o Rubí cumpletaba a remontada por mediación de Tosti, en xogada persoal tras roubo de balón na frontal da área, pero cinco minutos despois dese tanto o Poio Pescamar empataba por medio de Yoli.

Con todo por decidir chegábase ao desenlace do partido. Os dous equipos buscaban gañar e sería o Poio quen o lograría cun gol de Claudia desde fóra da área, a falta de catro minutos. O Rubí tentou igualar de novo, pero a súa falta de acerto separoulles dunha mellor sorte ante un Poio máis inspirado.

RUBÍ (3): Nerea; Alba, Alicia, Tosti, Beth -cinco inicial-, Irene (p.s.), Mariona, Ayala e Ainhoa.

POIO PESCAMAR (4): Irene; Yoli, Charo, Claudia, Elena -cinco inicial- Pipi, Jenny, Suki, Jessy, Ale de Paz, Nere e Iria (p.s.).

Árbitros: Xavier García e Brian Torquemada (Cataluña). Amoestaron a Claudia no Poio Pescamar e a Alicia no Rubí.

Goles: (0-1) Minuto 4: Yoli. (0-2) Minuto 14: Jenny. (1-2) Minuto 16: Alicia. (2-2) Minuto 20: Beth, de penalti. (3-2) Minuto 24: Tosti. (3-3) Minuto 29: Yoli. (3-4) Minuto 36: Claudia.

Incidencias: Pavillón La Llana (Rubí). Uns 100 espectadores.