Vitoria do Poio Pescamar ante o Leganés para achegarse á Copa (5-3)

Poio
14 de abril 2018

O conxunto vermello consolídase na sétima praza da clasificación de Primeira División e afasta a un rival directo por ocupar os postos copeiros

Partido entre Poio Pescamar e Leganés
Partido entre Poio Pescamar e Leganés / Diego Torrado

Paso de xigante do Poio Pescamar para repetir presenza por segundo ano na Copa de España, ao superar na Seca a un rival como o Leganés (5-3).

As vermellas consolídanse así na sétima praza da táboa na Primeira División, despois dun encontro que iniciouse cun gol temperán gol de Iria Saeta aos catro minutos de xogo.

Reaccionou a ese golpe o conxunto madrileño para igualar aos 10 minutos cun disparo de Ángela. Subiu entón a intensidade o equipo adestrado por Marcio Santos e deu un salto no seu xogo que se materializou antes do descanso cos goles de Ceci e Delise para chegar ao intermedio con 3-1.

Non estaba nin moito menos decidido o partido, xa que aos 35 segundos da continuación o Leganés recortaba distancias e daba emoción ao choque, que entrou nunha fase de igualdade e con opcións de empate para o Leganés e de sentenza para as vermellas. Chegaría o segundo, xa no minuto 39, con dous goles consecutivos de Iria e Ale de Paz que sentenciaron a falta só do último tanto do encontro que maquillou o resultado para as visitantes ata o 5-3 final.

POIO PESCAMAR (5): Mónica, Jenny, Ceci, Ale de Paz, Iria Saeta -cinco inicial- Delise, Carol, Patri Corral, Yoli.

LEGANÉS FSF (3): Sandra, Saki, Ángela, Patri Montilla, Laura Uña -cinco inicial- Puche, Mali, Bea Torija, Ampi, Lucía.

Goles: 1-0 Iria Saeta (min.4), 1-1 Ángela (minu.10), 2-1 Ceci (min.15), 3-1 Delise (min.17), 3-2 Patri Montilla (min.21), 4-2 Iria Saeta (min.39), 5-2 Ale de Paz (min.39), 5-3 Lucía (min.40).

Incidencias: Parido de liga disputado no pavillón municipal da Seca de Poio.